Hai xustamente un ano atopei un xogo que marcou un dos poucos puntos positivos deste 2021 felizmente finiquitado: o Geoguessr. Os primeiros achegamentos sucederon de forma paralela a outro descubrimento: o Twitch.
Un ano despois estou xa habituado a facer directos en Twitch, cada xoves arredor das catro da tarde. Alí, entre amigos, xogamos a sinalar nun mapa algúns dos lugares máis característicos do país: as súas pontes, prazas, praias e escolas.
Comeza un novo ano e non sei que cousas virán de aquí en adiante, pero, como teño certa experiencia, podo imaxinar que haberá das boas e das malas. Seguro que o Geoguessr e o Twitch estarán no capítulo das primeiras.
